Header image
Watch video
Finished 06 / 07 / 2017
Funded!
Received
£ 22,426
Minimum
£ 20,502
Optimum
£ 37,297
131 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 12

    Recoñecemento na web e nas redes sociais

    Recoñecemento na web e nas redes sociais.

    > 32 Co-financiers
  • Contributing £ 25

    Recoñecemento + 2 fanzines

    Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).

    > 20 Co-financiers
  • Contributing £ 42

    Recoñecemento + 2 fanzines + revista

    Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987.
    Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).

    > 17 Co-financiers
  • Contributing £ 58

    Recoñecemento + 2 fanzines + revista + camiseta

    Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta de Xermolos. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 83

    Recoñecemento + 2 fanzines + revista + camiseta + libro

    Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta + libro Desorballando outonos . Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).

    > 09 Co-financiers
  • Contributing £ 125

    Recoñecemento + 2 fanzines + camiseta + revista + libro + CD

    Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta Xermolos + libro Desorballando outonos + CD A Quenlla "Na señardade", que inclúe tamén o CD "Os Irmandiños" máis un DVD "Manuel María da Terra Chá", producido por Ophiusa). Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).

    > 03 Co-financiers
  • Contributing £ 416

    Recoñecemento + 2 fanzines + camiseta + revista + libro + CD + ruta cultural

    Recoñecemento na web e nas redes sociais + 2 fanzines de temática a elexir + revista "O Casón 25 anos despois", sobre a revolta popular que tivo lugar en Guitiriz no ano 1987 + camiseta Xermolos + libro Desorballando outonos + CD A Quenlla "Na señardade", que inclúe tamén o CD "Os Irmandiños" máis o DVD "Manuel María da Terra Chá", producido por Ophiusa) + ruta cultural guiada polo concello de Guitiriz. Todas as recompensas serán entregadas durante o Festival de Pardiñas, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto en Pardiñas (Guitiriz).

    > 00 Co-financiers

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN XERMOLOS PERANTE O PROXECTO A CASA DA XENTE

07 | 02 | 2018

Son xa máis de dous anos os que levamos na loita pola recuperación da casa do poeta vilarego Xosé María Díaz Castro. Varios anos de tira e afrouxa nos que fomos alcanzando algunhas metas, esquivando os paus nas rodas e sen perder en ningún momento a perspectiva.
Sen lugar a dúbida foi un punto de inflexión o éxito da campaña de micromecenado do pasado ano, ver que contabamos co apoio da xente que por un motivo ou outro, neste soño é igual de teimuda ca nós. Apoios de particulares e tamén de entidades coma a Asociación de Hostaleiros de Guitiriz, a Federación de Asociacións As FeAs ou a Asociación Amigos dos Museos fixeron posible chegarmos ata aquí cargadas de ilusións. Neste sentido, non podemos estar máis agradecidos.
Atopámonos agora cunha situación complexa, na que temos que ser cautos ao medir as nosas forzas. Fronte a présa que corre comezar as obras de recuperación –pois a situación da casa foi empeorando co paso dos temporais que vimos de sufrir–, atopámonos con que a ausencia de apoios económicos institucionais e a nosa dificultade para manter unha actividade constante están freando este proxecto. As necesidades económicas superan a capacidade de inversión da nosa Asociación, pois, valorando co noso arquitecto, puidemos comprobar que o presuposto final desta primeira intervención chega a superar lixeiramente os 50.000€. Consideramos así mesmo que non podemos poñer en perigo a continuidade das iniciativas que vimos desenvolvendo anualmente, endebedándonos e dificultando a nosa propia supervivencia como asociación.
Non obstante, non imos desistir na nosa teima. Neste sentido somos incorrixibles. O noso compromiso era comezar as obras no prazo dun ano desde que superamos a campaña de micromecenado. Marcamos uns tempos dos que agora damos conta que eran errados, excesivamente ambiciosos. Mais, como diciamos, non podemos desesperar. Comezamos agora unha nova etapa de conversas das que agardamos alcanzar algún acordo que nos beneficie a todas, pois queremos recordar que a recuperación, conservación e posta en valor do noso patrimonio cultural (material e inmaterial) é responsabilidade de todas. Queremos dialogar máis e discutir menos, a nosa vontade é firme. Sen novos prazos apresurados, pero mantendo o obxectivo no punto de mira.
En todo caso, a actividade da Asociación Xermolos continúa, pois non podemos permitir que dependa da axenda institucional. Agardamos nos próximos meses poder contarvos algunha boa nova sobre o proxecto. Mentres tanto, seguimos o noso camiño, continuando co traballo de sempre e vendo xermolar novas iniciativas. Contamos convosco para seguir adiante!

Saúde e terra.

Yorumlar

Inicia sesión para dejar un comentario