Leiras de Progo, recuperando terras

Finished 09 / 12 / 2023
Funded!
Received
£ 13,589
Minimum
£ 7,296
Optimum
£ 16,968
109 Co-financiers
Channel
  • Contributing £ 6

    Colaboro!

    Agradecemento personalizado na web do proxecto.

    Desgravarías 5,6 € polo que o teu gasto real pode ser 1,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 06 Co-financiers
  • Contributing £ 11

    Certificado dixital do castiñeiro

    Aportando 13 € recibirás:

    • agradecemento personalizado na web do proxecto
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore

    Desgravarías 10,4 € polo que o teu gasto real pode ser 2,6 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing £ 23

    Apadriña/Amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • agradecemento nas nosas redes sociais
    • agradecemento personalizado na web do proxecto

    Desgravarías 21,6 € polo que o teu gasto real pode ser 5,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 19 Co-financiers
  • Contributing £ 46

    Apadriña/amadriña un castiñeiro
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas (só España)
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto

    Desgravarías 44 € polo que o teu gasto real pode ser 11 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 25 Co-financiers
  • Contributing £ 64

    Apadriña/amadriña un castiñeiro cun calendario 2024
    • un exemplar de CeosGalegos24, un fermoso calendario mural con imaxes do ceo
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo con foto das primeiras follas
    • enviaremos imaxes da árbore cada ano ata que entre en produción (correo-e)
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore
    • mención pública na web do proxecto

    (Envíos só a España)

    Desgravarías 61,6 € polo que o teu gasto real pode ser 15,4 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 79

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e lote de castañas
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica.

    Desgravarías 76 € polo que o teu gasto real pode ser 19 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 08 Co-financiers
  • Contributing £ 125

    Apadriña/amadriña un castiñeiro e unha nogueira
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir e escoller o teu castiñeiro, poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo

    Desgravarías 120 € polo que o teu gasto real pode ser 30 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Co-financiers
  • Contributing £ 133

    Recompensa FINAL

    A nosa recompensa para a última semana de campaña. Apadriña/amadriña un castiñeiro e terás todo isto:

    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 kg de noces e 5 kg de abelás. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo e unha abelaira na #LeiraAMontán

    Desgravarías 123,5 € polo que o teu gasto real pode ser 36,5 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 05 Co-financiers
  • Contributing £ 709

    Señor/a da Montán
    • certificado dixital con imaxe e a xeolocalización da árbore
    • o día de portas abertas (primavera 2024) poderás vir, escoller o teu castiñeiro e poñerlle un rótulo co teu nome
    • enviaremos postal por correo postal con foto das primeiras follas (só Unión Europea)
    • enviaremos imaxes da túa árbore cada ano ata que entre en produción, por correo é
    • recibirás o primeiro quilo de castañas que produza a túa árbore (envío só España)
    • mención pública na web do proxecto e nas nosas redes sociais
    • Recompensa INMEDIATA: este outono recibirás xa un lote de 5 quilos de castañas doutros castiñeiros familiares ou de veciños. Envíos só á Península Ibérica
    • plantaremos unha nogueira na #LeiraOCabezo
    • o teu nome aparecerá nunha placa que incluiremos no peche da leira da Montán
    • compartes a nosa mesma visión!! Contaremos contigo como socio preferente. Pasarás a ser o/a noso/a donante honorífico/a, participar na toma de decisións, acceso ao proxecto completo e estarás informado dos avances que vaiamos acadando.

    Desgravarías 365 € polo que o teu gasto real pode ser 485 €. Máis info: https://gl.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers

About this project

Imos crear un souto de castiñeiros

Needs Material Minimum Optimum
Compra de 200 castiñeiros
Estamos a reservar castiñeiros nos viveiros que nos ofrecen a máxima confianza e seriedade. Son sempre plantas das máis caras da oferta actual no mercado. Entre as súas características: especies certificada, raza seleccionadas, enxertadas en clon híbrido (máis resistentes ás enfermidades), micorrizadas e do maior tamaño que teñan no viveiro.
£ 5,837
Encalado da leira
As leiras analizadas teñen un pH moi ácido polo que non se favorece o futuro crecemento das árbores. Mediante un encalado con calcita magnésica de orixe mariña corrixiremos lixeiramente ese pH. As doses a aportar son as definidas polo laboratorio de análise das terras e un técnico agrícola, co fin de respectar ao máximo a microbiota presente xa na terra.
£ 208
Titores e protectores
As árbores precisan dun titor para favorecer que medren verticalmente. Un protector ao seu redor impedirá que a fauna salvaxe (especilamente corzos) coman a súa codia e maten as árbores recén plantadas. Unha opción é aproveitar estacas feitas a partires de podas e protexelos con restos de vexetación existentes na zona, pero é algo máis lento e traballoso e cada ano haberá que repoñer.
£ 334
Needs Görev Minimum Optimum
Preparación terreo
Diversos traballos a realizar con maquinaria pesada para pasar duha leira abandonada durante décadas (chea de silveiras, toxos e árbores de pequeno porte) nun lugar no que se poida plantar árbores de froitos. Desde o desbrozado con cadeas, ata o desfondado con vertedeira, o gradeado e arado posterior para rematar coa realización de buratos de plantación de 1 metro cúbico con retroexcavadora, nos que plantar ás árbores.
£ 917
Castiñeiros para as leiras da Senra e A Besada
O proxecto é escalable e poderemos ampliar o mesmo esquema para o resto de leiras máis pequenas
£ 3,794
Nogueiras para O Cabezo
Ampliaremos o proxecto plantando nogueiras na leira do Cabezo e ter certa diversificación no proxecto.
£ 2,918
Needs Altyapı Minimum Optimum
Peche da leira
A leira A Montán vai ser a máis grande nesta primeira fase. Con uns 8 000 metros cadrados, pode interesar facerlle un peche cinexético que permite o paso da pequena fauna pero impide o acceso da fauna que pode destrozar as árbores (corzos) e do gando dos veciños que ás veces se descontrola (vacas e ovellas), o que destrozaría toda a plantación.
£ 2,418
Instalación de rego por goteo
En cada liña de árbores instalaremos un depósito que captará auga de chuvia conectado mediante mangueira, con dous goteiros para cada árbore. Deste xeito garantimos o arraigo das árbores mediante o seu rego periódico en primavera e verán (se non chove), e cando comece a dar froito poder aportar a auga que complemente á choiva e garantir así que haxa sempre froito en condicións óptimas de tamaño.
£ 542
Total £ 7,296 £ 16,968
Gerekli
Tamamlayıcı

General information

Queremos recuperar unha leira abandonada durante 70 anos, arrincala das mans dun posible incendio e enchela de castiñeiros (e abeleiras). En resumo, crear un souto de unha hectárea. Axúdasnos?

O castiñeiro é a árbore senlleira do concello de Riós (Ourense). En 100 anos pasou de ter un uso complementario ao cereal, as patacas e a horta, a ocupar as leiras que se foron deixando sen labrar coa emigración ás cidades (e ao estranxeiro). Hoxe alterna a súa presenza en pequenas leiras coidadas, arrodeadas doutras abandonadas cheas de silveiras, xestas e toxos. Máis en Riós o castiñeiro non se cultiva; plántase nos ocos libres e agárdase que chegue o momento de enxertar e o de recolectar. Como moito, algunha rega os dous primeiros anos para asegurar o arraigo. Iso leva a unha economía de subsistencia e que a castaña apenas sirva de complemento a moitas persoas xubiladas.

Estamos a iniciar un proxecto: "Leiras de Progo", recuperación de leiras abandonadas na aldea de Progo (Riós, Ourense). Partindo de leiras herdadas (de centos de metros cadrados) queremos ampliar a súa superficie con outras leiras abandonadas e veciñas, chegar a un tamaño que faga viable a explotación e plantar árbores de froito seco: castiñeiros, nogueiras, abelairas... xa presentes na zona. Pero tamén pistachos e amendoeiras.

Para este proxecto de crownfunding queremos centrarnos na leira A Montán. En orixe unha parcela de 5-10 metros de ancho por 220 metros de longo. Si, as medidas son correctas. Pero nesa zona todas son así, máis ou menos. E aí comezou todo.

Queremos rachar a dinámica do abandono, retomar a plantación de castiñeiro con novas técnicas, recuperar as leiras a monte e dificultar a posibilidade de que os incendios que hai todos os veráns prosperen e cheguen á aldea. Na década pasada un incendio chegou a 500 metros desta leira, por exemplo. Como acompañamento, diversificaremos coa plantación de nogueiras, abelairas, amendoeiras, pistachos e outros cultivos que cumpran as mesmas características: facilidade de mantemento, aproveitamento de froito seco (menos esixente na comercialización), menor demanda de auga e resistencia fronte ao cambio climático que está a acontecer.

Na Montán imos plantar 200 castiñeiros e 50 abelairas, que complementen os 50 castiñeiros plantados no inverno pasado. Co resto das leiras do proxecto chegaremos a 400 castiñeiros, 100 nogueiras e unhas ducias de pistachos e amendoeiras. Ogalla un día, non moi afastado, teñamos todo cheo de árbores como o da imaxe.

No blogue do proxecto e nas redes sociais de @leirasdeprogo (Ig, Tw e Fb) iremos publicando as diversas labouras co fin de que padriños/madriñas e persoas interesadas poidan seguir todo o proxecto. Seremos moi transparentes en toda a información porque ademais pensamos que pode ser un proxecto reproducible noutros lugares, contribuíndo así a que o nosos obxectivos locais se fagan globais.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

O proxecto "Leiras de Progo" agrupa polo momento 4 leiras con nome de seu: A Montán, O Cabezo, A Senra e A Besada. Incorporaremos máis leiras no futuro. Para esta colaboración centrámonos na leira A Montán, a máis grande e onde xa iniciamos o proxecto o inverno pasado. É unha leira orientada ao sur, na baixada desde a aldea de Progo (Riós, Ourense), a 200 metros das últimas casas, cara o río da Serranova. A altitude é duns 800 metros sobre o nivel do mar. Os veciños aos que lles estamos a mercar as leiras lembran sementar pan (centeo) e millo, en anos alternos. Que unha parte das leiras era bastante boa (na canada) e o resto bastante complicada (nos lombeiros). Moitos deles non volveron por estas leiras desde a última vez que as traballaron, de mozos, nos anos 50-60, cando ficaron abandonadas.

O ano pasado comezamos a recuperación da leira familiar e plantamos 50 castiñeiros. Só un deles non prendeu, polo que algo fixemos ben. Do resto, as vacas duns veciños que fuxiron do seu cercado romperon 2 castiñeiros e coméronlle os abrollos a outros 4; accidentes que pasan. Este ano estivemos a ampliar a súa superficie, para facer que a medio prazo sexa rendible a súa explotación, sempre coa idea de anexionar leiras en desuso ou abandonadas.

O froito actual desta laboura é o seguinte:

  • Tamaño inicial da Montán: 1 222 metros cadrados.
  • Ano 2022: ampliada con 1 381 m2.
  • Ano 2023: ampliada con 3 939 m2 e outros 2 679 m2 comprometidos.
  • Ano 2024, se temos algo de sorte, ampliaremos con outros 6 000 m2.

En resumo, este inverno queremos transformar 6 500 metros cadrados de monte abandonado nun souto de castiñeiros, ao carón dos 2 500 metros que comezamos o inverno pasado. Así convertermos case unha hectárea de monte abandonado (silveiras, xestas e toxos) nun souto moderno.

Temos as leiras, corresponde a preparación previa durante o outono e o plantado de árbores en marzo. De aí este proxecto de crownfunding para contar cos recursos necesarios e poder chegar aos nosos obxectivos na primavera de 2024. O investimento é unha aposta clara polo futuro a longo prazo, pola reforestación do país, a diminución do CO2, a loita contra o cambio climático con accións locais... pero os investimentos a facer non se comezarán a recuperar ata que pasen 4 ou 5 anos.

As características na execución do proxecto son:

  1. Achegamento científico: análise da terra en laboratorio, estudo meteorolóxico dos últimos 20 anos, corrección dos déficits do solo en pH e fertilidade.
  2. Plantas de calidade: árbores enxertadas en patrón híbrido e micorrizados, para facilitar o seu arraigo e entrada en produción. Son máis caras que outras, pero máis resistentes e entendemos que co cambio climático con máis posibilidades de adaptación.
  3. Silvicultura respectuosa: mantemento de cuberta vexetal entre árbores, reducindo ao mínimo laboreos posteriores, a erosión e favorecendo a presenza de insectos para a mellor polinización das árbores. O encalado será con cal magnésica de orixe mariña con varios oligoelementos que facilitan a súa disolución. A fertilización será deseñada en función das necesidades que dean as análises anuais.
  4. Realizar os tratamentos silvícolas sistematizados que garantan a produción da árbore: poda, regado e abonados periódicos.
  5. Aproveitar ao máximo os recursos. O rego a partires de captacións de auga da choiva e o abonado aproveitaremos o esterco dos rabaños de ovella locais. Complementaremos con mineral.
  6. Comunicar en redes as diferentes labouras para crear unha comunidade de persoas interesadas e que, no futuro, sexan os primeiros clientes dos produto recolectado. Transparencia ao máximo e aprendizaxe colectiva.
  7. Crear unha rede de padriños/madriñas máis implicados co proxecto. Realizaremos un día de "portas abertas" anual. O primeiro, para a escolla persoal dá árbore a apadriñar/amadriñar. Nos seguintes, para que poidan pasar un día agradable no monte en contacto coa natureza, comprobando como van as árbores pero tamén gozando da contorna natural de Progo.
  8. Tecnoloxía: sondas de humidade, cámaras de vilixancia de fauna, estacións meteorolóxicas que faciliten tanto a toma de decisións futuras como a xeración de contidos para as redes do proxecto. Incluso, estudar a posibilidade e empregar maquinaria e ferramenta eléctrica en funcións das posibilidades do mercado.
  9. Remunerar o traballo persoal de xeito acorde ás diversas labouras agrarias necesarias.

NECESITAMOS

  1. Financiar os traballos previos para a preparación da leira da Montán e que estea en condicións óptimas para plantar: desbrozado, destoconado, desfondado, gradeado, arado, encalado e apertura de buratos de plantación.
  2. Poder mercar planta da mellor calidade que haxa no mercado, garantindo o arraigo e que entre en produción no menor prazo posible (entre 3 e 5 anos). Escollemos a castiñeiros de variedade xudía/portuguesa enxertados en patrón híbrido e micorrizados. A micorriza é de Boletus edulis. A simbiose favorece a captación de nutrientes pola planta e un aproveitamento económico dos cogumelos
  3. Preparar a leira para diminuír ao máximo o mantemento anual: peche cinexético, instalación de rego por goteo con depósitos que capten auga de chuvia, preparar zona de acceso con vehículo para traballos futuros.
  4. Mercar o material para o encalado da leira e reducir o seu pH así como os fertilizantes que complementen o uso de material orgánico de procedencia ovina.
  5. Instalar o material auxiliar para cada planta: titor e malla protectora.
  6. Complementar a plantación deste ano intercalando abeleiras entre os castiñeiros e, nos lindeiros, varios amieiros para favorecer a micorrización e cerdeiras para alimentación das aves.


Todos estes traballos son froito do asesoramento dun equipo de enxeñeiros forestais, agrícolas, biólogos e xestores de proxectos que valoraron previamente a idoneidade do investimento.

Co tamaño actual da leira poderemos facer outras 6 fileiras de castiñeiros nas que plantar uns 200 castiñeiros e 50 abelairas.

Definiremos a posibilidade de plantar de xeito experimental un lote de pistachos e amendoeiras nalgún lindeiro e ver que resultado dan, para ampliar en sucesivas campañas. Tamén incluiremos algunha cerdeira para romper a monotonía da paisaxe e favorecer a presenza de paxaros.

Na web do proxecto detallamos as características desta leira e das outras que integran o proxecto. Os nosos obxectivos:

  • Recuperar leiras abandonadas.
  • Crear pequenas explotacións rendibles a medio prazo (5-6 anos).
  • Servir de modelo para que outras persoas vexan futuro no rural.
  • Crear canles de venda directa dos produtos para maximizar o retorno económico.
  • Ofertar esas mesmas canles de venda aos veciños para as súas pequenas colleitas.
  • Priorizar especies tradicionais (castaña das variedade longal, xudía e famosa)

Why this is important

Tes nenos/as? Seguro que lles apetece ver como medra unha árbore que axudaron a plantar.

Apadriñar/amadriñar unha árbore permíteche ter un maior contacto coa natureza, creando vencellos afectivos cunha árbore en particular. Para persoas que viven na cidade e que non teñen ou perderon a relación co rural, permite unha oportunidade/excusa para ir de vez en cando a un lugar no que teñen algo que visitar.

Apadriñando/amadriñando unha árbore contribúes a:

  • recuperar un rural abandonado
  • diminuír o risco de incendios
  • crear oportunidades laborais no rural
  • ter unha excusa para ir ao monte coa familia e amigos e redescubrir a natureza
  • aprender o proceso de converter un anaco de monte abandonado nun souto de castiñeiros
  • recibir un produto de calidade, en condicións óptimas e que axudaches a desenvolver
img20230301162310.jpg img20230124151757.jpg amontan-castinheirogrande-2.jpg

Team and experience

O impulsor do proxecto leva varias décadas xestionando proxectos. Ao herdar varias leiras da familia en estado de semiabandono xurde a posibilidade de aproveitar a experiencia laboral de 30 anos nun novo proxecto. O problema, como en tantos outros casos, é o do finanzamento para poder escalar o proxecto.

Despois de 2 anos facendo pequenas plantacións de castiñeiros agora chegou o momento de dar un pequeno salto. Conto para iso co asesoramento de varios enxeñeiros agrónomos e forestais, biólogos e o coñemento tradicional dos veciños da aldea. Todo iso tamizado coa experiencia propia xerou un estudo que permita garantir que as novas plantacións teñan éxito.

img20230919171209.jpg img20230919170952.jpg

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Decent Work and Economic Growth

    Sustainable economic growth will require societies to create the conditions that allow people to have quality jobs.

  • Responsible Production and Consumption

    Responsible Production and Consumption

  • Climate Action

    Climate change is a global challenge that affects everyone, everywhere.

  • Life On Land

    Sustainably manage forests, combat desertification, halt and reverse land degradation, halt biodiversity loss