A CAMPAÑA - XEMA E CLARA
Esta campaña de crowdfunding vai dirixida a unha das primerias iniciativas de Entrelampo. Pretendemos reformar unha vella nave e a finca colindante para dar vida a "Xema e Clara", unha granxa de galiñas campeiras para a venda de ovos. Lanzamos esta campaña porque consideramos que é a sociedade de forma directa quen debe decidir a viabilidade social desta iniciativa.
ENTRELAMPO
Entrelampo é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal crear emprego para persoas con problemas de saúde mental graves a través de iniciativas de economía social, no noso caso Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
POR QUE ENTRELAMPO
Só o 5% das persoas con problemas de saúde mental graves traballan. A maioría dos que conseguen traballo pérdeno en menos de seis meses, e, o máis dramático, o 90% queren traballar. Estamos ante un grave problema de xustiza social que atenta contra os dereitos fundamentais deste colectivo.
Os motivos desta terríble situación son multifactoriais, e abarcan dende problemas propios das enfermidades –sintomatoloxía, rupturas biográficas dende a xuventude que afectan ao plano académico e a experiencia laboral, efectos secundarios dos tratamentos...- ata as barreiras sociais, como son o descoñecemento e prexuízos da sociedade que conforman o ESTIGMA, e abarcan a tódalas capas sociais: civís, empresariais, políticas, e incluso sociosanitarias.
O beneficio do traballo neste colectivo ten valores engadidos, a parte do propio beneficio retributivo, proporciona uns beneficios a nivel produtivo –desenvolvemento cognitivo, organiza a vida cotiá e facilita relacións sociais- e aumenta a valoración social, desprazando o rol de “enfermo” polo de traballador, convertindo a recuperación nunha realidade.
A NOSA PROPOSTA
A nosa aposta é clara pola creación de emprego como piar fundamental dende onde poida desenvolverse un proxecto laboral integral. Para cumprir o noso obxectivo crearemos empresas sociais centradas no sector agroalimentario, que aposte pola imaxe, pola visibilidade.
O noso proxecto asenta sobre tres piares:
-Emprego: A prioridade inmediata é a creación de emprego, a base de calquera proxecto laboral.
-Empresa social: O obxectivo final é a inclusión laboral nas empresas da Economía Social.
-Visibilidade: Apostar por iniciativas con alta visibilidade, credibilidade e recoñecemento.
Queremos participar, xunto cas entidades da Economía Social galegas, do cambio cara a unha economía máis humana e responsáble, máis xusta.
Main features and goals of the crowdfunding campaign
Como apuntamos, esta campaña de crowdfunding está adicada a unha das nosas primeiras iniciativas, unha granxa de galiñas campeiras para comercializar ovos baixo a marca “XEMA E CLARA”.
Pretendemos reformar unha vella nave e o seu terreo situada no concello de Chantada (Lugo) para transformala nunha granxa adaptada as necesidades das galiñas campeiras.
Para lograr o noso obxectivo precisamos unha inversión de entre 30.000€ - 85.000€. Ca cantidade mínima realizariamos unha reforma básica da actual nave, permitindo iniciar a actividade cun número reducido de galiñas. Se logramos chegar á cantidade óptima da recaudación poderiamos aumentar o número de galiñas campeiras e, polo tanto, o número de traballadores, verdadeiro obxectivo do proxecto. Neste caso xerariamos empregos para cinco persoas, tres delas con diversidade funcional de tipo psíquico.
Why this is important
Este proxecto está motivado polas alarmantes cifras de desemprego do colectivo, que impiden calquera posibilidade de recuperación e empoderamento de cara a unha inclusión social plena e conducen á exclusión e á pobreza.
Ademais, todos os recursos sociosanitarios que se invirten actualmente para paliar o problema de emprego, chocan ca realidade da discriminación posterior no mercado laboral. Por ese motivo, apostamos pola creación de empresas sociais con sentido como base de calquera proxecto laboral, e tamén potenciar os esforzos de todas as entidades implicadas actualmente.
De forma global, facemos un chamamento á particpación de todas as persoas que cren nos principios da Economía Social e Solidaria.
Team and experience
Entrelampo somos un grupo de persoas pertenecentes nunha gran parte á saúde mental a nivel profesional, comprometidos ca problemática social do colectivo de persoas con problemas de saúde mental graves, e especificamente co drama laboral.
En 2021 tamén inicaremos a actividade laboral nun centro de traballo hortícola de produción ecolóxica no concello de Santiago de Compostela que creará emprego para seis persoas, catro delas do colectivo.
Xema e Clara é a outra das dúas iniciativas cas que iniciaremos un proxecto que pretende ser ilusionante, un entrelampo dentro da tormenta actual.
A Xunta directiva actual está composta por:
JUAN SORIANO BARCELÓ: Licenciado en Medicina na “Universitat Rovira i Virgili” de Tarragona no ano 2009. Especializado en Psiquiatría no servizo de psiquiatría de Santiago de Compostela durante catro anos ata o 2014. Mellorou a súa formación a través do “Máster de Neurociencias” impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o «Máster de Psicogeriatria» pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB). Participante do proxecto de cooperación internacional “Salud Mental para Todos” no Perú, dirixido pola ONG Juan Ciudad no 2013. Actualmente traballa no servizo de Psiquiatría de Santiago de Compostela.
FERNANDO CASAL COUTO: Graduado en Nutrición Humana e Dietética. Durante os últimos 17 anos desenvolveu a súa carreira profesional dentro do mundo das Tecnoloxías da Información, trala finalización dunha Formación Profesional en Sistemas e Redes informáticas. Nos cinco anos comprendidos entre 2014 e 2019, combinou o seu traballo nunha empresa de Loxística Hospitalaria co estudo do Graduado en Nutrición na Universidade Isabel I de Castilla. Na actualidade, traballa no centro de Nutricionstellae como dietista nutricionista.
LUCÍA IGLESIAS RODRÍGUEZ: Diplomada en Fisioterapia pola «Universitat Rovira i Virgili» de Tarragona no 2006. Mellorou a súa formación no Postgrao en Fisioterapia en «Traumatología y Cirugía Ortopédica» pola Universitat Autònoma de Barcelona no ano 2008 e o Máster en neurorehabilitación no «Institut Guttmann» pola mesma universidade no 2010. Dende 2013 a 2019 traballou como fisioterapeuta nos servizos da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Actualmente, traballa como fisioterapeuta para o Servizo Galego de Saúde.
IVÁN CAÑÁS BELLO: Licenciado en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2011. Grao en Dietética e nutrición humana pola universidade Isabel I de Castilla (2013-2017). MBA en «Administración y Dirección de Empresas» pola IFFE Business School no 2017. Dende 2011, adícase a funcións de xestión financeira e técnica de distintos grupos de panadería e repostería galegos.
JACOB NOGUEIRA FERREIRO (direción técnica): Enxeñeiro Técnico Agrícola, especialidade en mecanización e construción rural pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. Perfecciona a súa formación posterior no campo da Agricultura Ecolóxica tanto a nivel técnico como docente. Dende 2009 a 2016 desenvolve a súa actividade como responsable técnico en distintas entidades agrarias e imparte docencia sobre agro-ecoloxía. Dende 2016 a 2020 exerceu como coordinador dentro dun proxecto de cooperación da ONGD Mundukide Fundazioa en Mozambique, nun programa de desenvolvemento socioeconómico a través da agricultura.