About this project
Libro ilustrado para toda a familia
Show list of needs
Görev
|
Minimum | Optimum |
|---|---|---|
|
Coste ilustracións
Pago a Andrea pola elaboración das ilustracións
|
€ 3.500 |
Material
|
Minimum | Optimum |
|---|---|---|
|
Impresión
Depende do número de libros
|
€ 2.000 | |
|
Publicidad
Diversos medios como material promocional en librerías locales o cuñas publicitarias en radio
|
€ 1.500 | |
| Total | € 5.500 | € 7.000 |
General information

Este libro ilustrado, pensado para ler con nenos, está baseado nun poema de Lucía Ferro que conectou con moitas persoas ao expresar realidades que nos tocan a todos a través dunha pequena historia protagonizada por animais. Este poema pode ser un bo punto de partida para tratar temas que nos afectan a todos, pero específicamente ás crianzas, como os cambios de comportamento derivados de traumas.

O detallado debuxo de Andrea Lombardía complementa a historia, aportando detalles do mundo rural que comparten ambas artistas e reforza o tono do relato. Esperamos que o complemento gráfico permita que este mensaxe chegue a un público máis amplo.

Os textos preséntanse coa caligrafía da escritora, ofrecendo unha experiencia máis íntima ás lectoras. O libro remata con bocetos do proceso de creación e outros detalles que fan desta obra de arte un obxecto que conservar durante anos.
Main features and goals of the crowdfunding campaign
Pomba é un libro ilustrado baseado nun poema anterior de Lucia Ferro, pensado para que os pais e nais lle lean aos seus fillos e permita descubrir novos temas para falar xuntos. Dado que a protagonista é unha pombiña, decidimos buscar a axuda da ilustradora Andrea Lombardía para crear unha experiencia que lle chegue ás crianzas, moi necesitadas de contacto social na nosa sociedade.
O resultado deste proxecto será un libro ilustrado acompañado polo poema escrito a man, deseñado a toda cor e con mimo para facelo vistoso e rico en detalles. Esperamos que axude a pais, nais e fillos a discutir temáticas complicadas de xeito sinxelo. Que os nenos o poidan disfrutar pola súa historia a un nivel máis superficial pero que, tras varias lecturas, poidan afondar no que realmente trata de dicir e lles permita tamén expresarse desa maneira.
Why this is important
Este proxecto vai dirixido principalmente a persoas que buscan maneiras de transmitir valores para unha sociedade con boa saude mental ee que viva en harmonia.
Pola condición de mulleres que se criaron e viven no rural galego das autoras, esta obra apelará especialmente aa quen comparta este mesmo ambiente. Os debuxos, cheos de detalles da vida cotiá nas aldeas axudarán a compartir realidades personais cos mais novos.
Team and experience

A diretora artística do proxecto, Lucía Ferro é unha escritora con xa 4 libros publicados e varios artigos en galego, castelán e inglés en publicacións locais e nacionais.
Pola outra banda, Andrea Lombaría ten ampla experiencia como artista e ilustradora, con varios libros enteiramente debuxados por ela e numerosos proxectos feitos con administracións públicas e organizacións privadas.
Social commitment
Educational
Esta historia mostra a vulnerabilidade da pomba protagonista e como abrirse a pesar do medo lle axuda a sair da situación na que se atopa.
Cando as crianzas sofren algun trauma ou situación complexa carecen das ferramentas e moi a miúdo do espazo para compartilas. Ao mesmo tempo, unhas veces por descoñecemento e outras por falta de comunicación, os proxenitores tampouco son capaces de conversar sobre estes temas con eles.
Un libro destas características, que sexa ameno pero tamén trate sobre a saúde mental, anque a través das vivencias dunha pombiña, pode dar pe a que se trate todo tipo de problemas antes de que sexan irresolubles.







