¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Romaría Ponte Farruca 2026

Header image
Watch video
1Round Remaining 40 days
Received
$ 1,214
Minimum
$ 5,380
Optimum
$ 10,434
8 Co-financiers
Channel
  • Contributing $ 6

    Unha Caña

    Con cinco euros non facemos milagres…
    pero aquí xa sabes: pouco a pouco faise a festa.
    Cada pequena achega suma para que o Ponte Farruca siga vivo.

    • Agradecemento nas redes
    • Chapa Farruca 2026
    • Lámina do Ponte Farruca

    💛 Hacienda devólveche: 4 €
    👉 O teu custo real será de só 1 €

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 17

    Os da Aira

    Na aira xúntase a xente, compártese e celébrase.
    E ti xa es parte disto.
    Con esta achega, levas un anaco do Farruca contigo.

    • Todo o anterior
    • Sombreiro de palla Farruco

    💛 Hacienda devólveche: 12 €
    👉 O teu custo real será de só 3 €

    > 03 Co-financiers
  • Contributing $ 46

    Os da Verbena

    Cando cae a noite… comeza o bo.
    Música, baile e ese algo que só pasa no rural.
    Aquí xa vés a gozar do Farruca como toca.

    • Todo o anterior
    • Camisola oficial desta edición
    • Pegatina Farruca

    💛 Hacienda devólveche: 32 €
    👉 O teu custo real será de só 8 €

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 81

    Os da Tractorada

    Isto xa é outra cousa.
    Aquí non só ves o Farruca… vívese dende dentro.
    Subirse ao tractor é formar parte da festa de verdade.

    • Todo o anterior
    • Riñoneira Farruca
    • Subida ao tractor Farruco 🚜 + agasallo do patrocinador

    💛 Hacienda devólveche: 56 €
    👉 O teu custo real será de só 14 €

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 174

    Os Últimos en Marchar

    Se es das que queda ata o final…
    sabes que aquí é onde pasan as mellores cousas.
    Unha experiencia Farruca de verdade, compartida coa xente que fai isto posible.

    • Todo o anterior
    • Calcetíns Farrucos
    • Bono Consumición 🍻

    💛 Hacienda devólveche: 120 €
    👉 O teu custo real será de só 30 €

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 232

    Os de Sempre

    Porque hai xente que está sempre.
    Nas boas… e nas mellores.
    Esta recompensa é para quen sente o Farruca como propio.

    Todo o anterior
    Mandil da Señora Farruca
    Pano de namorar

    💛 Hacienda devólveche: 160 €
    👉 O teu custo real será de só 40 €

    > 05 Co-financiers

About this project

Ponte Farruca

Needs Görev Minimum Optimum
Cachés de actuacións
Importe destinado ao pagamento dalgúns cachés de artistas e grupos participantes no festival. Inclúe actuacións musicais, escénicas e outras propostas culturais, co obxectivo de ofrecer unha programación diversa, de calidade e coherente cos valores do evento.
$ 2,660
Gastos de crowdfunding - Parte imprescindible
Custes asociados á campaña de financiamento colectivo, incluíndo a porcentaxe da plataforma Fundación Goteo e as comisións bancarias derivadas da xestión das achegas.
$ 489
Gastos de difusión
Investimento en comunicación e promoción do evento: deseño gráfico, xestión de redes sociais, creación de contidos audiovisuais, relación con medios e posibles campañas publicitarias para aumentar o alcance e a participación.
$ 697
Talleres e actividades
Recursos destinados á organización e desenvolvemento da programación paralela: materiais para obradoiros, honorarios de artistas e formadores, equipamento técnico e necesidades loxísticas para actividades culturais, formativas e infantís.
$ 871
Seguro de responsabilidade civil
Póliza necesaria para cubrir posibles incidencias durante o evento, garantindo a seguridade das persoas asistentes e da organización.
$ 523
Gastos de crowdfunding - Parte Adicional
Custes asociados á campaña de financiamento colectivo, incluíndo a porcentaxe da plataforma Fundación Goteo e as comisións bancarias derivadas da xestión das achegas.
$ 466
Needs Altyapı Minimum Optimum
Infraestrutura técnica
Equipos de son, iluminación, grupo electróxeno e demais instalacións necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións e da programación cultural.
$ 2,230
Servizos sanitarios (WC)
Alugueiro, transporte e mantemento de sanitarios portátiles necesarios para garantir condicións de hixiene e comodidade durante o desenvolvemento do evento.
$ 1,104
Montaxe e acondicionamento de espazos
Carpas, zonas de descanso, distribución do recinto e organización das diferentes áreas do festival, garantindo un entorno cómodo, funcional e adaptado á convivencia.
$ 1,394
Total $ 5,380 $ 10,434
Gerekli
Tamamlayıcı

General information

🌿 Ponte Farruca: unha romaría para sentir, vivir e transformar 🌿
En Laza, no corazón do rural ourensán, medra cada ano o Ponte Farruca: unha romaría contemporánea sen ánimo de lucro que combina música, cultura e compromiso social nunha celebración única.
Durante varios días, o pobo convértese nun espazo de encontro e convivencia onde tradición e vangarda camiñan xuntas. Concertos, obradoiros, cinema, baile e feira de artesanía dan forma a unha programación multidisciplinar pensada para todas as idades, dende a cativada ata as familias e a mocidade.
O Ponte Farruca non é só festa: é tamén unha maneira de construír comunidade. Un lugar onde se promove a igualdade, a diversidade e a sostibilidade a través do diálogo, a escoita e o lecer consciente.
Entre as súas actividades destacan:

  • Ponte Farruquiña, unha experiencia teatralizada para as máis pequenas e pequenos arredor da igualdade e o papel da muller no rural.
  • Cinema e coloquios, con mirada feminista e inclusiva.
  • Concertos e actuacións, que mesturan tradición e novos sons para reivindicar lingua e territorio.
  • Feira de artesanía, co talento local e incluso espazos dedicados ao mundo agrícola.

📍 28, 29 e 30 de agosto
📍 Laza (Ourense)

👉 Unha romaría que celebra o que somos: comunidade, cultura viva e futuro no rural.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Promover a diversidade e a inclusión, creando un espazo seguro, festivo e respectuoso onde se celebre a diversidade sexual, de xénero e cultural, con especial atención á realidade do colectivo LGTBI+ no rural.

Fomentar a igualdade de xénero, impulsando a participación activa das mulleres e poñendo en valor o seu papel no ámbito social, cultural e comunitario.

Reivindicar o orgullo e a identidade rural, visibilizando a riqueza cultural do rural galego, combatendo estereotipos e contribuíndo á loita contra a despoboación.

Dinamizar a cultura local, ofrecendo unha programación diversa que combina tradición e vangarda, apoiando artistas emerxentes e promovendo a participación interxeracional.

Fomentar a convivencia e a participación cidadá, creando espazos de encontro, diálogo e intercambio entre persoas de diferentes idades e procedencias.

Concienciar sobre cuestións sociais, utilizando a cultura e a arte como ferramentas para sensibilizar arredor da igualdade, a diversidade, os dereitos humanos e a sostibilidade.

573603472-18022116317773968-5445106913737117562-n. 571292432-18022115576773968-5031180931622223676-n.

Why this is important

O Ponte Farruca nace da necesidade de crear espazos de encontro e celebración no rural que vaian máis alá do lecer, converténdose en ferramentas de transformación social. Nun contexto marcado pola despoboación, a falta de oportunidades e a invisibilización de certas realidades, especialmente do colectivo LGTBI+ e das mulleres, xorde esta iniciativa como resposta colectiva e comprometida.
A motivación principal é poñer en valor o rural como un espazo vivo, diverso e con futuro, onde a cultura, a igualdade e a participación cidadá sexan motores de cambio. A través da música, a arte e as actividades comunitarias, o Ponte Farruca busca romper estereotipos, fortalecer a identidade local e construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e sostible.

O Ponte Farruca está pensado como un espazo aberto e inclusivo, dirixido a todos os públicos. Trátase dun evento interxeracional no que teñen cabida:

  • Familias e cativada, con actividades adaptadas e propostas específicas para as máis pequenas e pequenos.
  • Mocidade, ofrecendo alternativas de lecer cultural, participativo e comprometido.
  • Persoas adultas, tanto do entorno rural como visitantes, interesadas na cultura, a música e a vida comunitaria.
  • Colectivos diversos, incluíndo persoas do colectivo LGTBI+ e movementos sociais, nun ambiente seguro, respectuoso e integrador.

👉 En definitiva, o Ponte Farruca está dirixido a todas aquelas persoas que queiran desfrutar dunha experiencia cultural, comunitaria e transformadora, independentemente da súa idade, procedencia ou realidade.

576350474-18023225513773968-2507213030121150001-n. 573600429-18023224391773968-5021674620419350726-n. 573909451-18023224379773968-3829348266158720568-n.

Team and experience

O Ponte Farruca é unha romaría contemporánea que se celebra anualmente en Laza (Ourense), impulsada pola asociación A.C. Enlazados, un colectivo local comprometido coa dinamización cultural e social do rural galego.

A organización do evento baséase nun modelo comunitario e participativo, no que colaboran persoas voluntarias, colectivos locais e profesionais do ámbito cultural, garantindo unha proposta diversa, inclusiva e en constante crecemento.
Ao longo das súas diferentes edicións, o Ponte Farruca consolidouse como unha iniciativa de referencia, desenvolvendo unha programación multidisciplinar que combina concertos, teatro, obradoiros, cinema, baile e actividades familiares, sempre cun enfoque educativo, igualitario e sostible.

A experiencia acumulada ao longo dos anos permitiu fortalecer a capacidade organizativa do equipo, mellorar a calidade das propostas e ampliar a rede de asociacións, convertendo a romaría nun espazo estable de encontro cultural e social no rural galego.
👉 Este percorrido garante a solvencia do proxecto e a súa continuidade, reforzando ao Ponte Farruca como unha cita destacada que promove a inclusión, a diversidade e o orgullo de pertenza ao rural.

573531189-18023226617773968-3002688380531859905-n. 586552329-835058955909205-7728154691981843584-n.jp 573576687-18023227439773968-889282637923548555-n.j

Social commitment

Sustainable Development Goals

  • Gender Equality

    Gender equality is not only a fundamental human right, but a necessary foundation for a peaceful, prosperous and sustainable world.