As Festas do Barrio de San Pedro celébranse desde 2004, organizadas pola Asociación Cultural do Barrio de San Pedro e xa temos datas para este 2026! Anotade nas axendas ✍️ do 25 de xuño ao 28 de xuño. Días para propiciar espazos de encontro, celebración e reivindicación entre a veciñanza, mediante actividadades abertas, diversas e accesibles para todes es veciñes.
E outro ano máis, precisamos de vós! Para facer posibles unhas Festas que poñan no centro a vida comunitaria.
Se non te podes achegar a nós no barrio e darnos o teu cariño, presenza e cartiños en persoa, este goteo é para ti!!
Sen recompensas físicas porque o máis valioso das Festas é seguir facendo Barrio e reivindicar bailando "BARRIOS PARA VIVIR, NON PARA ESPECULAR"
Main features and goals of the crowdfunding campaign
🎯Obxectivos
– Desenvolver unha programación comprometida e diversa que implique a un maior e variado número de xente do barrio.
– Realizar actividades que tendan a valorar cuestións propias do barrio e das súas xentes.
– Poñer de relevancia mediante a axitación cultural as problemáticas que atravesan ao barrio: turistificación masiva, xentrificación, proliferación de pisos turísticos, imposibilidade de acceso a vivenda asequible e de calidade...
– Organizar actos culturais, lúdicos e educativos no contexto das datas escollidas para as festas.
– Favorecer o intercambio de experiencias e información entre o tecido asociativo do barrio.
– Promover tempos e espazos para o encontro, sen masificacións e vivindo en comunidade.
– Establecer colaboracións co máximo número de entidades e colectivos sociais do barrio.
– Posicionarnos como asociación cultural e barrio dentro das loitas que nos atravesan e ás que podemos dar voz.
Why this is important
As Festas do Barrio de San Pedro nacen para crear espazos de encontro e celebración entre a veciñanza, facendo do barrio un lugar máis habitable e de coidados. Están pensadas para todas as persoas que o habitan e que comparten o amor por este recuncho da cidade, hoxe atravesado pola xentrificación e as dificultades de acceder a unha vivenda digna.
🏡 Ante a subida dos alugueiros, a expulsión das veciñas e os intentos de illarnos, respondemos co contrario: saímos á rúa, xuntámonos e celebramos xuntas que o barrio segue a ser noso. Querémolo cheo de vida, música, diversidade e todo o que nos fai ser quen somos. Porque os barrios son para vivir, non para especular! 🎶🔥💜
Team and experience
A 🌿 Asociación Cultural Barrio de San Pedro leva xa 23 anos organizando as Festas e dinamizando o barrio con cultura e comunidade. Formada por un equipo de aproximadamente 15 persoas, contamos con máis de 100 voluntaries que cada ano participan facendo posible a continuidade das Festas e outras actividades. Todes adicamos o noso tempo de maneira altruista para construír un barrio vivo e diverso.
💡 Aprendemos facendo: cada quen achega a súa experiencia e ilusión, poñendo o seu gran de area para que todo saia adiante.
Ademais das Festas, tamén organizamos actividades culturais, reivindicativas e de lecer ao longo do ano:
🔬 Movidote Científico
🌱 Xantar Popular - Paella de Barrio Antifascista
🔬 Liadas Pardas
🌼 La Noche de San Pedro (Participación no X Encuentro Cultura y Ciudadanía organizado polo Ministerio de Cultura)
No 2025 recibimos o Premio Martín Códax da Música que supón un aval ao labor colectivo do Barrio e as nosas Festas.