¡Renovamos Goteo!

Goteo ha construido una historia única en el mundo del micromecenazgo. ¿Quieres seguir formando parte de ella?

Un local para botar raíces

Header image
Watch video
1Round Remaining 40 days
Received
$ 57
Minimum
$ 8,320
Optimum
$ 146,032
1 Co-financiers
Channel
  • Contributing $ 1

    Quero ser avalista

    Creamos esta recompensa para as persoas que queiran formar parte do proxecto como avalista mancomunado. Se seleccionas esta recompensa, informarémosche directamente do procedemento a levar a cabo. Non é excluínte, podes ser avalista seleccionando tamén outras recompensas.

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 6

    Agradecemento

    Incluiremos o teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 11

    Xabón + agradecemento (envío a península)

    Xabón feito na entidade e inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 17

    Recompensa solidaria: invita a un/ha participante a comer + agradecemento

    Esta recompensa repercutirá directamente nunha persoa participante da entidade. Consiste nun vale para a actividade de “Da horta á cociña”, onde aprenderá habilidades básicas para a vida autónoma ao mesmo tempo que se reduce a soidade non desexada. Estas recompensas serán entregadas ás persoas participantes segundo a valoración social do equipo, atendendo a unha repartición equitativa acorde aos recursos de cada persoa.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 21

    Champú + xabón sólido + agradecemento (envío a península)

    Xabón e champú sólido feitos na entidade e inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 23

    Tote bag estampada na entidade + agradecemento (envío a península).

    Unha tote bag estampada na entidade e inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 29

    Camiseta + agradecemento (envío a península)

    Camiseta deseñada en exclusiva polas persoas participantes (estampado dispoñible a partir de abril 2026). Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 34

    Recompensa solidaria: invita a dous/dúas participantes a comer + agradecemento

    Esta recompensa repercutirá directamente en dúas persoas participantes da entidade. Consiste nun vale para a actividade de “Da horta á cociña”, onde aprenderá habilidades básicas para a vida autónoma ao mesmo tempo que se reduce a soidade non desexada. Estas recompensas serán entregadas ás persoas participantes segundo a valoración social do equipo, atendendo a unha repartición equitativa acorde aos recursos de cada persoa.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 40

    Camiseta + chaveiro + agradecemento (envío a España)

    Camiseta deseñada en exclusiva polas persoas participantes (estampado dispoñible a partir de abril 2026). Chaveiro elaborado nos talleres artísticos. Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 46

    2 tote bag estampadas na entidade + agradecemento (envío a España).

    Dúas tote bag estampada na entidade e inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 52

    Recompensa solidaria: invita a tres participantes a comer + agradecemento

    Esta recompensa repercutirá directamente en tres persoas participantes da entidade. Consiste nun vale para a actividade de “Da horta á cociña”, onde aprenderá habilidades básicas para a vida autónoma ao mesmo tempo que se reduce a soidade non desexada. Estas recompensas serán entregadas ás persoas participantes segundo a valoración social do equipo, atendendo a unha repartición equitativa acorde aos recursos de cada persoa.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 57

    Camiseta + tote bag + agradecemento (envío a España).

    Camiseta deseñada en exclusiva polas persoas participantes (estampado dispoñible a partir de abril 2026). Tote bag estampada nos talleres artísticos. Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing $ 69

    Taller de estampación téxtil + agradecemento

    Participa nun taller de 3 horas de estampación téxtil, onde poderás escoller entre estampar unha tote ou unha camiseta, coñecendo as técnicas de estampado artesanal. Presencial no local da entidade. Varias datas dispoñibles. Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 80

    Degustación especial + agradecemento

    Evento exclusivo para festexar a compra con degustación especial, xogos e participación na playlist que amenizará a festiña.
    Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 92

    Taller de manexo de máquina de coser+ agradecemento

    Participa nun taller de 4 horas de manexo da máquina de coser, onde aprenderás a utilizar a máquina creando un complemento para o teu fogar. Presencial no local da entidade. Varias datas dispoñibles.
    Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 115

    2 prazas no taller de estampación téxtil + agradecemento

    Participa ti máis outra persoa que escollas nun taller de 3 horas de estampación téxtil, onde poderás escoller entre estampar unha tote ou unha camiseta, coñecendo as técnicas de estampado artesanal. Presencial no local da entidade. Varias datas dispoñibles.
    Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 172

    2 prazas no taller de manexo de máquina + agradecemento

    Participa ti máis outra persoa que escollas nun taller de 4 horas de manexo da máquina de coser, onde aprenderás a utilizar a máquina creando un complemento para o teu fogar. Presencial no local da entidade. Varias datas dispoñibles.
    Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 344

    Especial grupo: 5 prazas nun taller a escoller

    Poderás escoller entre taller de manexo de máquina de coser, taller de estampación téxtil e taller de elaboración de xabóns. Data a escoller polo grupo.
    Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 574

    1 praza nun dos próximos cursos de tempo libre + agradecemento

    Unha praza no curso de monitor/a de actividades de tempo libre (curso con requisitos de acceso) organizado pola entidade. Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 1,090

    2 prazas nun dos próximos cursos + agradecemento

    Dúas prazas no curso de monitor/a de actividades de tempo libre (curso con requisitos de acceso) organizado pola entidade. Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing $ 1,148

    Cesión do local + agradecemento

    Poderás dispoñer do local durante un día para realizar algún evento que precises (consulta as normas de usabilidade do espazo).
    Inclusión do teu nome nun cartaz/placa na entrada da entidade.

    Esta achega desgrava en Facenda ata un 80%! Consulta a contía exacta na calculadora fiscal: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers

About this project

Un espazo que coide o presente e o futuro

Needs Altyapı Minimum Optimum
Gastos mínimos para a compra do local
Esta é a cantidade mínima que necesitaremos para poder facer fronte ao custe da compra do local.
$ 7,459
Gastos óptimos para a compra do local
Esta é a cantidade que reduciría o préstamo que solicitaríamos para a compra do local.
$ 137,712
Needs Görev Minimum Optimum
Custes indirectos
Custes polo uso da plataforma e gastos de envío.
$ 861
Total $ 8,320 $ 146,032
Gerekli
Tamamlayıcı

General information

Un local para botar raíces, un espazo onde os coidados se sitúen no centro, un lugar onde construír un futuro en comunidade e na procura do benestar. Este proxecto baséase na adquisición do local que actualmente alugamos para consolidar e estabilizar este recurso comunitario en saúde mental e inclusión social. Este 2026 temos a oportunidade única de mercalo, se non é este ano, non será nunca. Actualmente estamos cun aluguer con opción a compra que remata o 31/01/2027. Tan só se o compramos antes desa data poderán ser descontadas a metade das cotas xa pagadas.

IMPACTO
  • Consolidación e estabilización dun recurso comunitario.
  • Facilitación da continuidade dos procesos de inclusión social.
  • Ampliación e fortalecemento do vínculo coa comunidade e do traballo en rede.
  • Creación de redes colaborativas máis sólidas e activas.
  • Aumento do número de persoas que se benefician dos servizos da entidade.
  • Maior visibilidade da saúde mental e da exclusión social.
  • Maior eficiencia nos tempos e nos recursos.

Este espazo é dende onde se lanzan todas as accións e proxectos para as catro provincias, en contornas urbanas e rurais, pois, ademais de en Vigo, temos presenza en Santiago (A Coruña), Monforte de Lemos e Sober (Lugo) e Cortegada e Padrenda (Ourense).

Esta compra, ademais, supón unha inversión a longo prazo que reduce custes estruturais, reforza o traballo en rede e amplía o impacto social da entidade no territorio.

Main features and goals of the crowdfunding campaign

Esta campaña persegue a consecución dun local propio, accesible e especificamente adaptado á intervención social individual e grupal, o que garante un espazo estable que elimina a incerteza asociada aos alugueres e asegura a continuidade dos proxectos no tempo. Localízase a pé de rúa, o que favorece a visibilidade da entidade e fortalece a conexión directa coa comunidade, contribuíndo á normalización e visibilización da saúde mental. Ademais, este local convértese nun recurso base para a intervención social en toda Galicia, facilitando o traballo en rede coas distintas delegacións da entidade nas provincias galegas. Todo isto desde un enfoque integral centrado na saúde mental, a inclusión social e o apoio ás familias coidadoras.

OBXECTIVOS

  • Consolidar un recurso comunitario, estable e accesible.
  • Garantir a continuidade dos procesos de inclusión social.
  • Ampliar o número de persoas beneficiarias dos proxectos de Xaruma.
  • Reducir custes estruturais e mellorar a eficiencia dos recursos.
  • Visibilizar a saúde mental e contribuír á ruptura do estigma.
  • Fortalecer o traballo en rede e as alianzas comunitarias.

Falando de números, xa levamos parte do camiño andado e contamos co 37% do importe do local xa financiado. Esta financiación provén da devolución da metade das cotas de aluguer xa pagadas, da devolución das fianzas pagadas ao inicio do contrato e dunha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. Un 2% será aportado polos ingresos propios da entidade obtidos mediante accións formativas. O 58 % será facilitado por Coop57, unha cooperativa de servizos financeiros como préstamo. O 3 % do importe do local é o que pretendemos conseguir mediante esta campaña.

Que pasa se conseguimos máis do 3%? Poderemos reducir o importe do préstamo a solicitar e pagar unha cota máis reducida os próximos anos, que fará que podamos crear novos proxectos e retos para a entidade.

Se chegamos a 18.000 € -> Reduciremos 100 € da cota a pagar do préstamo.
Se chegamos a 30.000 € -> Reduciremos 200 € da cota a pagar do préstamo.
Se chegamos a 42.000 € -> Reduciremos 300 € da cota a pagar do préstamo.
Se chegamos a 60.000 € -> Reduciremos 300 € da cota a pagar do préstamo e 3 anos do período de pago.
Se chegamos a 100.000 € -> Pagaremos o préstamo en tan só dous anos.
Se chegamos a 127.250 € -> Poderemos mercar o local sen préstamos.

Para esta compra, tamén necesitaremos a colaboración de avais mancomunados. O 25 % do préstamos solicitado deberá ir garantido mediante avais mancomunados, que é unha forma de garantía compartida na que varios avalistas respaldan unha deuda, pero cada persoa responde unicamente por unha parte proporcional e específica do total, nunca da totalidade da deuda. Se a persoa deudora principal incumple, o/a acredor/a tan tó pode reclamar a cada avalista a cota asignada, limitando enormemente o risco financeiro. Podes informarte e colaborar aquí: https://xaruma.org/avais-mancomunados/. Creamos unha recompensa específica de 1€ para as persoas que queiran colaborar por esta vía.

Xaruma vén de aruma, arume… Significa aroma, cheiro de fragancia, bo olor, algo que queda… Cunhas gotiñas, arrecende.

O noso principal obxectivo como entidade é fomentar a saúde mediante a formación para diferentes idades e de integración e promoción da saúde emocional e mental para persoas con trastornos mentais e as súas familias. Actuamos en 6 áreas: integración, formación, participación, dinamización lingüística, emprego e igualdade.

Contamos con certificado de calidade ISO 9001 co alcance:

  • Actividades dirixidas á integración social de persoas con discapacidade no ámbito da saúde mental.
  • Deseño e impartición de accións formativas non regradas para a integración social e laboral de persoas con discapacidade.
  • A promoción de actividades de participación cidadá mediante a animación sociocultural e o voluntariado.

No apartado web de Transparencia da nosa web pódense localizar as últimas memorias de actividades e económicas, así como os principais proxectos e a programación para o ano en curso.

Os nosos principais proxectos son:

  • Naturalmente: proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma.
  • Fiares: proxecto de intervención familiar en saúde mental.
  • Mentalízate: proxecto de inserción prelaboral e sociolaboral e intervención na comunidade.
  • Mulleres en acción e Voces Moradas: proxecto de apoderamento feminino en saúde mental.
foto-1.jfif

Why this is important

A necesidade deste proxecto xorde da falta de espazos estables e adecuados para a intervención social en saúde mental, igualdade e inclusión social. Pero tamén xorde da escasez de recursos de apoio a familias e persoas coidadoras. A adquisición deste espazo permite asegurar unha contorna segura, acolledora e funcional.

Xaruma realiza a súa acción mediante proxectos de iniciativa social que van destinados principalmente aos ámbitos da saúde mental, igualdade, inclusión social e comunidade, sen esquecernos que dentro de este gran abanico tamén se atopan as persoas coidadoras, moitas veces esquecidas.

A saúde mental é algo máis que a ausencia de trastornos mentais: é un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte á tensión normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade (Plan Galego de Saúde Mental 2020-2024).

  1. O 21,6 % da poboación galega presentará algún trastorno mental ao longo da súa vida. Se elevamos esta cifra ao mundo, a porcentaxe será do 25 %.
  2. Estímase que, o 70-75 % restante coñecerá os trastornos mentais pola presenza deste en familiares e/ou amizades. Estes trastornos afectan a persoas de calquera idade, condición económica, nivel educativo ou cultural.

Os nosos proxectos van dirixidos a:

  • Persoas con trastornos mentais. En Galicia, o 21,6 % da poboación terá un trastorno mental ao longo da súa vida.
  • Familias das persoas con trastornos mentais. O 85 % dos coidados en saúde mental recaen sobre a familia. A maioría, sobre as mulleres.
  • Voluntariado, que pode exercer a súa labor en todos os proxectos da entidade.
  • Comunidade e alumnado, mediante as accións de divulgación, formación e dinamización.
    A nosa principal motivación é seguir garantindo o benestar psicosocial das persoas con e sen trastornos mentais, creando proxectos que promovan a transformación social.
1360038-2.jpg

Team and experience

No ano 2024 lanzamos unha campaña de crowdfunding mediante a cal anunciabamos que tiñamos que cambiar de local e solicitabamos doazóns para facer fronte ao novo aluguer e reforma. Facíamolo como a nós nos gusta, dende o humor, pese a que a realidade non era tan graciosa. Aínda nos rimos a día de hoxe desa curta que gravamos para explicalo. Esa campaña foi un éxito, obtendo o 115 % mediante 44 persoas financiadoras que creron en nós, no noso proxecto e na necesidade de continuar.

Este ano damos un paso máis, pois seguimos contando cun equipo profesional estable, especializado e comprometido, con ampla traxectoria na intervención social.

Ademais Xaruma conta tamén cun piso de autonomía, unha furgoneta adaptada e varias delegacións en Galicia (Santiago, Monforte e Cortegada), o que permite unha intervención territorial ampla e coordinada. A experiencia acumulada, xunto coa forte rede de colaboración comunitaria, garantiza a viabilidade e o impacto real deste proxecto.

Queres saber algo máis da nosa traxectoria?

A andadura de Xaruma remóntase ao ano 1996 en forma de escola de tempo libre. Ao ver a gran necesidade de intervención en saúde mental que existía xa nesa época, a entidade comeza a traballar dentro do ámbito e cunha perspectiva baseada na animación sociocultural. Nun desexo de profesionalización máis alá da educación non formal e de acceso a máis recursos, no ano 2010 a entidade convértese tamén en asociación sen ánimo de lucro prestadora de servizos sociais.

2010: Xaruma nace co proxecto Naturalmente. Accións relacionadas principalmente co ocio saudable e cos respiros familiares.
2013: obtemos a cesión do espazo exterior. Incorpóranse as hortas como espazo terapéutico. Xaruma triplica o seu número de actividades e persoas participantes.
2016: os proxectos aumentan en número de persoas beneficiarias e en implicación horaria. Realizamos respiros no verán de ata 5 semanas.
2020: apostamos por comezar a reformar o piso de actividades. Auméntase o número de actividades de vida autónoma. Inícianse intervencións tamén en Santiago de Compostela. Obtemos o noso primeiro certificado de calidade. Nace o proxecto Fiares para intervir coas familias. A pandemia deixou moitas feridas nas persoas que coidan.
2023: empezamos a traballar en dous espazos (piso e local) para poder abrir a lista de espera. Creamos un novo grupo de persoas menores de 30 anos.
2024: confírmannos que o centro no que estabamos, pechará as súas portas. Buscamos novo local. Empezamos proxectos noutras áreas (Monforte e Cortegada), polo que temos presenza nas catro provincias. Compramos unha furgoneta adaptada para mellorar e facilitar as intervencións. Conseguimos o certificado de utilidade pública.
2025. Mudámonos de local. Seguimos camiñando.

Axúdasnos a facer este soño realidade? Podes participar na campaña coa cantidade que queiras e podas, e se non podes, axúdanos a difundir. Que as nosas voces cheguen a máis persoas.

foto-25.jpeg

Social commitment